No niño novo do vento
hai unha pomba dourada.
Meu amigo!
Quen poidera namorála!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo,
quen poidera namorála!
Meu amigo!
Tén áers de frol recente,
cousas de recén casada,
quen poidera namorála!
Meu amigo!
Tamén tén sombra de sombra,
e andar primeiro de río.
Quen poidera namorála!
Meu amigo!
Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Ribeira.